Thursday 09 de May de 2024

Unha trintena de bebés e as súas familias participaron onte no espectáculo conmemorativo do Día da Lingua Materna


Uns 30 bebés e os seus pais e nais acudiron onte pola tarde á Biblioteca Municipal de Riveira co fin de participar no espectáculo teatral conmemorativo do Día da Lingua Materna.

A acción estivo promovida polo Concello de Riveira a través do Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta e a Deputación da Coruña.

Os pequenos pasárono en grande coa proposta cultural “Os contos do chupete”, desenvolvida por Migallas Teatro.